As Revenidas é un festival 100% galego, económico, con actuacións de balde e acampada libre.
Celebrado na tempada de verán en Vilaxoán de Arousa (pobo mariñeiro das Rías Baixas) conta con actividades para toda a familia, destacando a súa coñecida sardiñada popular e a gala do circo solidaria co pobo saharaui.
A decoración deste ano poderíase resumir en catro puntos que, índa que a simple vista parecen ben sinxelos, non vos podedes imaxinar todo o traballo que levan detrás.
A espazo a intervir era un parque céntrico do pobo, no cal se celebran as actividades de balde e a famosa sardiñada e, polas dimensións coas que conta, calquer tipo de decorado tiña que ir en consonancia para non pasar inadvertido.
Con 77 flores azuis e 53 brancas feitas con bolsas de plástico (por se as condicións atmosféricas xogaban unha mala pasada) decoráronse as árbores do parque, dando un toque máis festivo o día da sardiñada.
As cores elixidas, tan características da bandeira galega, débense a imaxe do festival deste ano, deseñada, como en edicións pasadas, por Caramuxo, na que se tivo en conta o XX Aniversario do Movemento Bravú.
Con 96 metros de tea azul decorouse o fondo de escenario dos concertos e actividades de balde, aproveitando as estruturas de pedra como soporte para colgalas.
As teas das esquinas pegadas a tarima levaban cosidas as chamas do logo, continuando a súa caída nas esquinas opostas para darlle maior amplitude ao escenario sen chegar a sobrecargalo.
Desta maneira seguíase mantendo un espazo aberto nas zonas dos bancos, que invitaba a entrar nas horas na que o escenario carecía de actividade.
Co globo aerostático rescatado do Peter´s Room creamos o photocall, onde a cesta era a parte baixa da sardiña e o globo o seu simpático gorro peruano.
E, por último, a nosa querida sardiña Revenida en forma de marioneta, colgada dunhas das árbores máis grandes do parque coa súa bandeira e gaita galega.
Penso que ninguén deixou pasar a oportunidade de sacar unha foto xunto a ela!
E, índa que agora toca despedirme, isto non remata aquí!
Nos próximos días mostrareivos o paso a paso da marioneta, fotografías do proceso e montaxe de toda a decoración e, se queredes ver máis imaxes do festival, déixovos o enlace do facebook de Creaciones Andoriña, onde atoparedes unha pequena pincelada de como transcurriu a fin de semana en Vilaxoán de Arousa.
Grazas a organización das Revenidas por esta oportunidade, a Flexcoplas, de Ribadumia, polas bolsas vermellas cedidas para o globo e un millón de grazas para a familia e amigos que fixeron posible que toda esta decoración se preparase e colocase en tempo récord.
Sodes únicos!
Bravo! Menudo curro!
Graciñas mozo 🙂
Pingback: Marioneta Sardina Revenida | Creaciones Andoriña
Pingback: “Making-of” Revenidas 2014 | Creaciones Andoriña