«Revenida cantareira» Intervención Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa)

-Facemos unha pandeireta xigante?

-De que tamaño?

Así comezaba, un ano máis, e despois destes anos de pandemia, a miña intervención no Parque de Doña Concha para o Festival Revenidas e, mantendo a tradición das pasadas edicións, seguir fiel ó meu estilo facendo unha reinterpretación espacial do cartel deseñado por David Lages.

Se por algo se caracteriza o 2022 é por ser, sen dúbida, o ano das Tanxugueiras, así que facendo honor a estas tres auténticas mozas, a idea da pandeireta xigante transformouse en tres un pouco máis pequenas.

Para adaptar o logo á idea despeceino en tres partes: cabeza, corpo/gaita e monociclo.

As bases eran de DM pintado e decorado simulando os arcos e as membranas das pandeiretas e unhas simples tapas das tixolas facían de ferreñas.

Como toque final, e como se fose a funda das pandeiretas, con malla plástica verde elaborouse a base do sombreiro para que a tea adquirise o volume desexado.

Na árbore central do Parque de Doña Concha, seguindo co deseño do cartel e aproveitando que este ano na Gala do Circo celebrábase o XX aniversario Peter Punk e amigxs e que o monociclo é un vehículo moi relacionado coas artes circenses; preparouse unha composición de rodas coma homenaxe a esta profesión da cal me considero moi moi fan e, xa de paso, facer un guiño ó concello co carril bici que tanto dou que falar neste 2022.

Para as rodas teño que agradecer á «Chatarrería Dito» en a Laxe (Vilagarcía de Arousa) a súa colaboración, sen eles non sería posible conseguir tantas unidades e foi moi bonito ver o cambio que deron unha vez lavadiñas, pintadiñas e co tubo corrugado vermello colocado, quedaron tal cal como o monociclo da nosa Revenida!

Moitas grazas equipo!!!

Agradecementos especiais a meu pai. Levo dende o 2014 nesta aventura (sacando os dous anos de pandemia) e non hai enxeñeiro que o iguale, nunca falla.

Pin It

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*