Revenidas con Palestina

Noveno ano colaborando co Revenidas para a ambientación do parque de Dona Concha, en Vilaxoán, unha mostra de apoio a Palestina, da man de David Lages, cun logo que sempre mantén a esencia do festival, coidando, como non, ata o último detalle, e con esa temática que, este ano, custoume plasmar.

Tras varias semanas mergullando na cultura palestina, na súa historia, arquitectura e costumes e deixar de lado o milleiro de imaxes tan duras que apareceron pola rede, optei por xuntar todo iso nun elemento que, dunha ollada, nos trasladase a quilómetros de distancia de aquí: un pano palestino.

O pano palestino representa a resistencia do pobo palestino, Un símbolo de unidade na loita pola liberación fronte a ocupación Israelí.

O pano tradicional é de algodón branco cos bordados en negro (ou vermello en Jordania, Irak e os países do Golfo). Razón pola que me centrei nestas dúas cores para a ambientación.

A malla de ratán utilizada para a base da palestina representa os mosaicos e celosías dos templos Al Aqsa e Domo de la Roca, situados na explanada das mesquitas de Jerusalén, punto álxido no conflito palestino – israelí, ocupado polo estado de Israel pero reclamado polo estado de Palestina.

Nove palestinas para estes nove anos de Creaciones Andoriña co festival (moitos máis os que levo gozando de el a nivel persoal) pero o máis complicado para a ambientación por representar todo o contrario a eses catro días de música e diversión.

Unha interpretación que busca a unión, a forza e o apoio de todos os asistentes ao festival a un conflito sen vistas a resolverse dun xeito humano. Un gran de area máis a esa magnífica Gala de Circo solidaria en apoio ao pobo Palestino.

.

MAKING -OF

Bibliografía

https://clubculturaarabe.com/la-historia-detras-de-la-kufiya-palestina-mas-que-un-simple-panuelo/

https://historia.nationalgeographic.com.es/a/aqsa-lugar-mas-conflictivo-sagrado-jerusalen_20299

https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-65198007

https://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%BApula_de_la_Roca

Pin It