Festival Revenidas 2015 Decoración

Cada ano o festival Revenidas vai subindo o nivel e, edición tras edición, o número de revenid@s que se acercan a Vilaxoán de Arousa nestas datas aumenta proporcionalmente.

Para a decoración deste ano optouse pola tridimensionalidade e, do mesmo xeito que lle aconteceu ao festival, a nosa sardiña revenida foi acadando, nivel a nivel, a súa forma, coma se dun mapa de curvas se tratase; procurando manter á perfección o deseño realizado por Dooby.

Realizada con poliestireno e recuberta cunha resina especial, aguantou, contra vento, choiva e cabeciñas tolas enriba do seu pedestal, deseñado cunha bobina grande pintada de negro e decorada co nome «Revenidas» feito en DM.

sardina_vikinga

pedestal

Acompañando á sardiña preparáronse seis mans de entre medio metro e dous metros de altura, de poliestireno, divididas en dous palés que, finalmente, trasladáronse ao escenario principal indo en perfecta consonancia cos miles de brazos que o público alzaba embriagados pola boa música do festival.

mans

concierto_heredeiros_da_crus

concierto_heredeiros_da_crus

Finalmente, para dar un toque máis festivo ao parque de Dona Concha, con bolsas de plástico pegadas entre si e seguindo a secuencia da imaxe do festival, creouse unha tira de plástico de 50 m. de largo por 60 cm. de ancho, da que utilizaría 25 m. para rodear as árbores e 25 m. para as flores, as cales mantiñan a súa consistencia ao endurecerse, o plástico, coa pistola de aire quente no momento de unilas.

        flores_plastico

flores_plastico   decoracion_arboles_plastico

En todo momento buscouse o estilo reggae acorde coas Revenidas 2015 e tendo moi en conta as malas previsións do tempo, utilizando materiais hidrófugos por tratarse de decoracións exteriores; aínda que a choiva non evitou que miles de revenid@s desfrutasen de tres días de festas nos que, finalmente, quedaron boas tardes e mellores noites.

Nos próximos post mostrarei todos os pasos seguidos para o deseño e montaxe da revenida viquinga e unha pequena secuencia de imaxes do traballo feito as semanas previas ao festival.

Parece que foi onte cando a revenida peruana colgaba no medio do parque e xa desfrutamos das Revenidas 2015. Para o ano esperemos que máis, e mellor!

Vémonos nas Revenidas 2016!

Agradecementos especiais á organización pola confianza e, principalmente, a meus pais e a Fini por estar sempre ao pé do canón! Sodes únicos!

equipo_trabajo

Pin It