Un ano máis tocou troulear coa miña querida Revenida e, aínda que poida parecer que este ano rompín a cabeza máis do habitual, o certo é que unha proposta da miña irmá fixo que non lle dera moitas voltas ó asunto, as voltas viñeron despois…
No meu primeiro ano do Festival Revenidas, o logo diseñado por Dooby traduciuse no espacio en forma de marioneta articulada e, nove anos despois, o xogo convertiuse nun quebracabezas composto por tres imaxes do festival.
.
Imaxe 1 e 2: Debuxadas coa axuda dun proxector e pintadas a man.
.
Imaxe 3: Técnica de transferir imaxes partindo dunha fotografía (véxase «Cartas do Diurno«)
.
Nove prismas triangulares repartidos en tres eixos verticales que atravesaban as súas bases formaban, no seu conxunto, cada unha das imaxes.
Para maior visibilidade e guiándonos un pouco polas «X» que se utilizan nos mapas; con dúas sardiñas cruzadas colocadas na súa parte máis alta marcamos este orixinal punto de encontro, de xogo e diversión para a instantánea do Revenidas 2023.
.
Como sempre agradecer á familia e amigos a súa enorme colaboración para que Cre-Ando siga adiante e gracias ó Festival Revenidas por contar comigo un ano máis.